Saúdo do Alcalde

"Compráceme darlles a benvida ao Concello de Trasmiras, tanto se son veciños do noso municipio como se se atopan vostedes de visita. Esta páxina, totalmente renovada tanto nos contidos como no seu deseño, supón un esforzo grande por adaptar a administración local ás novas tecnoloxías e constitúe un reto para nós nun contexto de transformacións dixitais nas contornas do rural.

Así pois queremos facer desta web e das nosas redes sociais unha grande porta pola que poidan entrar a coñecer todo o que temos que ofrecer.

Temos as portas físicas e virtuais abertas a todos e todas os veciños e veciñas. En Trasmiras son sempre benvidos, tanto se nos visitan virtualmente como se o fan de xeito presencial.


Un cordial saúdo,

Emilio Pazos Ojea